PORTO NON

As vilas mariñeiras reivindican a súa identidade, estragada en moitas ocasións por unha febre urbanística que borrou do mapa salazóns, conserveiras, pequenos portos pesqueiros e lembranzas de pedra... En Cangas do Morrazo, nos arredores de Massó, queren construir un porto deportivo e varias urbanizacións, devastando séculos de historia, bucólicas paisaxes e inesquecibles camiñadas. Velemos pola voluntade da xente por conservar o seu patrimonio, apoiémola causa, ensinemos se aínda hai tempo e xulguemos ós responsables das desfeitas.
0 comentarios:
Publicar un comentario